1.6.09

No faro de Vigo atopamos unha noticia que nos informa da falla de protección do nos patrimonio cultural, neste caso o tráfico pesado que pasa a rentes das igrexas románicas de Santiago de Bembrive e San Salvador de Coruxo

liña de Sal no Museo do Mar en Vigo

Xacementos romanos en Galicia

6.5.09

A relixiosidade na prehistoria (Historias de Galicia)

Nacións europeas sen Estado

24.4.09

Vigo 1:50.000 na cartoteca do IGN

19.12.08

Terras do Sil

-Minuto 00:56 Introducción sobre o río Sil ( arredores, morfoloxía, vexetación, etc... ) -Minuto 06:10 Vila de Casaio -Minuto 07:09 Pena de Trevinca -Minuto 09:05 FOSAS DE VALDEORRAS -Minuto 13:40 Vila do Barco -Minuto 14:26 Vila da Rúa -Minuto 15:34 Cabeza de Manzaneda -Minuto 17:08 Terras de Quiroga -Minuto 18:43 CANÓNS DO SIL -Minuto 20:09 Agripatia Sacratia -Minuto 22:04 Riveiras do Sil -Minuto 23:07 Vila de Trives -Minuto 24:14 Vila de Castrocaldelas -Minuto 25:38 Terras de Lemos -Minuto 28:23 Monforte de Lemos Achega do blog de Genma

18.12.08

Vigo:Os xacementos arqueolóxicos por parroquias.

A páxina de patrimonio de Rafael Ojea. A paxina de información do Concello de Vigo

17.12.08

As runas

Cando estaba Odin intentando adquirir a sabedoría suprema, quedouse cego. Enton, decidiu sacrificarse colgándose do fresno sagrado. As pólas desta árbore cubrían o ceo de todo o mundo e as súas tres raíces sumerxíanse na terra: unha no Universo dos Deuses, a outra no mundo dos xigantes de xeo e a última no mundo dos mortos. Pasou nove días colgado sen comer e sen beber, entón recibiu as runas, a linguaxe segreda do mundo. A partir dese momento recobra a vista, observando as cousas doutra maneira. Adquirindo a clarividencia. As runas están formadas por vintenove símbolos. Son: Feoh, Urz, Thorn, Ansur, Rad, Ken, Gyfu, Win, Haegl, Nied, Is, Ger, Ewoh, Peorth, Eolh, Sigel, Tyr, Beorc, Eh, Man, Lagu, Ing, Daeg, Othel, Ac, Aesc, Yr, Iar, Polvo.

Fontes

O alfabeto Oghámico

O "alfabeto oghámico" son sinais de orixe desconocido, consistentes nunha liña vertical cunha serie de muescas tranversais, a cales poden ser horizontais ou inclinadas. Era un alfabeto sagrado, empregado soamente polos druidas nas súas ceremonias e no seus ritos. Atopáronse gran cantidade de inscripcións en pedra escritas neste alfabeto. A lenda atribúe a súa invención o deus Ogma, deus da elocuencia e da escrita.

Fontes

15.12.08

As invasións bárbaras

O blog de Sta. Eulalia de Bóveda

Nas proximidades de Lugo, é unha construción de época tardo-romana. De planta rectangular, destaca no seu interior a piscina e a bóveda de canón decorada coa técnica do fresco. Na portada sobresae un pórtico con columnas in antis e a porta culmina nun arco de ferradura. Na actualidade templo cristiá dedicado a Sta. Eulalia; mais ¿que función tivo no final da época romana? Lugar de baños, ninfeo, espazo de culto do priscilianismo. No blog de Sta. Eulalia sosteñen a hipótese do culto a Cibeles romana, a Rea grega, deusa da fertilidade, creadora das almas e defensora dos malos espíritos. A piscina interior explicaríase así polas necesidades do rito asociado a Cibeles o taurobolium, rito iniciático pagá de carácter purificador.
Fontes
  1. Internet

13.12.08

O Tea, Mondariz

Fonte:
  1. Internet

11.12.08

Penedos da Pasarela e Traba, novo espazo protexido

O horóscopo celta

As árbores e os bosques foron símbolos da vida e protección da astroloxía celta, e en torno a ela desarrollouse a súa cultura. Os druidas crearon un horóscopo protector ligado as fases da lúa. Os bosques representaban as catedrais para os druidas, e eran o lugar onde levaban a cabo os seus rituais. O poder dos deuses encontrábase en cada unha das árbores, e en consecuencia cada árbore consagrábase a un deus ou simbolizaba unha virtude. Da mesma forma, asociouse un nome, unha propiedade e unha árbore a cada lúa. En total, o horóscopo estaba composto por 21 árbores. Estas eran: oliveira, carballo, bidueiro, haxa, abeto, álamo, arce, avellano, carpe, castaño, cedro, ciprés, fresno, higuera, manzano, nogueira, olmo, piñeiro, salgueiro, serbal e tilo.
Fontes

O Yule, 21 de decembro

A segunda festa máis importante para os celtas é o Yule. Celébrase o 21 de decembro. É neste día onde se separa a metade escura do ano, da metade luminosa. Á mañá seguinte ó amanecer, o Sol elévase un pouco máis alto e cada día quédase máis tempo no ceo. A noite do Yule é a máis longa do ano, e espérase o renacemento do Rei Roble, o Deus Sol, o Creador da Vida, que tiña como misión calentala Terra xeada e coidaba as sementes protexidas durante o outono e o Inverno no seu interior. Esta festa celta coincide cronoloxicamente coa festividade cristiá da Navidade. As dúas celebracións comparten características comúns, como a proclamación da paz, da armonía, do amor, da felicidade. Tamén a decoración dos fogares con acebo e cunha árbore adobiada con cores vermellas, verdes, douradas, amarelas, etc… O Yule é unha festa familiar, chea de esperanza e amor. Fontes

O clima oceánico ou Atlántico

O clima oceánico ou Atlántico caracterízase por temperaturas suaves e fortes chuvias a causa da proximidade do océano, é propio das zonas templadas con dinamimo de correntes mariñas e ventos. As precipitacións son abundantes e están ben distribuídas aínda que cun máximo hibernal
Os invernos non son moi fríos nin os veran moi calurosos.
Tamén teñen clima oceánico outras comunidades autónomas como son, Asturias, Cantabria, País Vasco, asi mesmo como Fracia e países do noroeste europeo.
Nesta imaxe pódese apreciar que o anticiclon das azores (anticiclón dinámico) fai que o clima de verán en galicia sea seco, soleado e caluroso. Excepcionalmente tamén pode exercer a súa influencia no outono e na primavera e incluso no inverno.
FONTES:
  • Internet:

O embalse de Eiras

Tras o sequía do pasado outono, o embalse de Eiras,(O nome Eiras ven dun pobo que quedou baixo as augas do encoro) situado no concello de Fornelos de Montes leva dous meses e medio o 100% da súa capacidade, segundo indican os partes publicados por augas de Galicia. Concretamente, dende mediados do pasado mes de marzo o encoro atópase o límite da súa capacidade, sendo o último boletín do pasado 2 de xuño, no que se confirmaba esta situación. Al últimas choivas de maio deixaron unhas imaxes curiosas, xa que debido a gran cantidade de auga a presa veuse obrigada a abrir as comportas superiores, prodúcindo unhas cataratas espectaculares, e soltando unha gran cantidade de auga o río Oitavén o seu paso polo concello de Soutomaior. non hai moitos meses nos que o nivel do encoro era preocupante, no pasado outono e durante o mes de decembro cando o encoro rondaba a metade da súa capacidade, e incluso se chegou a plantexar a posibilidade de comenzar con determinadas restriccións de auga, fundamentalmente na cidade de Vigo e nalgunhas poboacións do seu arredor, que dependen directamente do abastecemento de auga procedente deste encoro.
Actualmente abastece de auga potable a Vigo e maior parte da súa metrópole, Cangas, O Porriño, Redondela, Mos, Baiona entre outros. FONTES:
  1. Internet:

Os Ancares Bercianos

Os Ancares Bercianos (tamén coñecidos, anteriormente, como os Ancares Leoneses), é como se denomina ao conxunto de vales inmediatos á Sierra de Ancares situados dentro da comarca do Bierzo, (provincia de León, Comunidade Autónoma de Castilla e León, España).Situados ao oeste e ao noroeste da rexión natural do Bierzo, son vales de montaña.Percórreno os ríos Ancares (e os seus afluentes o río Cuiña e o Miravalles, Burbia e Cúa. Ríos trucheros.
Os cumes alcanzan casí os 2.000 msnm. Destacar o Píco Miravalles (1.969 msnm) e o Pico Cuiña (1.987 msnm). O Pico Tres Bispos (1.795 msnm) reúne unha condición especial: no seu pico divídense as diocesis de tres bispos (o de Astorga, o de Lugo e o de Oviedo).Geomorfológicamente os materiais que forman os vales son pizarra, cuarcita e granito.Foi nomeada, recientemente, Reserva da Biosfera.Hai gran abundancia de castiñeiros, haxas, carballos, tejos, acebos, alisos, abedules, capudre, avellano e chopos, entre as árbores.Abundan o corzo e o jabalí, entre as especies máis grandes xunto coa fauna habitual do noroeste español. A poboación de lobos, abundante no pasado, volveu a recuperarse. Aínda poden observarse urogallos, ciervos, ginetas, raposas, e ata gatos monteses e algún oso. Os seus ríos trucheros teñen gran fama entre os pescadores.Sobresale unha construción tipica que é a palloza.
Fontes:
Internet: http://es.wikipedia.org/wiki/Los_Ancares_Bercianos

10.12.08

Photo du dolmen de Axeitos.
Le préhistorien J.M Vázquez Varela, en s'appuyant sur des données climatiques (diagrammes poliniques) soutient qu'il y eut une agriculture cérèalistique 5000 av-JC, au commencement du phénomène mégalithique. Le terme mégalithisme se réfère à la construction de grands monuments funéraires composés de pierres et qui peuvent être de différents types : - cercles lithiques ou cromlechs - menhirs, en Galice appelés "pedras fitas" -"mámoas, modias, medorras, medoñas" (sépulcres funéraires) Le mégalithisme se développe en Galice pendant le IIIème siècle avant J-C, conséquence d'un phénomène culturel trés étendu qui se diffuse dans les zones côtières de l'Occident européen. Les monuments les plus fréquents en Galice sont les sépulcres, qui se composent d'un tumulus et d'un dolmen. Les tumulus sont formés d'une couche de terre et de pierre de dimensions réduites ( entre 10 et 30 mètres de diamétre ) de forme circulaire ou ressemblant à de petites collines. C'est à l'intérieur des mêmes que s'effectuait l'enterrement. Ses sépulcres de types dolmeniques sont réparties de formes irrègulieres sur le territoire galicien, témoignant ainsi d'un habitat rural et dispersé. Ces témoins de l'époque mégalithique galicienne sont tous de tailles réduites en comparaison des différents sites que l'on peut trouver sur la côte atlantique, comme à Carnac, en Bretagne.
Sources : Wikipedia Site de Spanish Touch

Creación da Gallaecia

A cohesión social e territorial definida polos celtas no territorio galaico manteríase durante toda a romanización. Unha importante aportación sería a infraestructura viaria composta de pontes e calzadas. Ao longo destas vías había mansións e estacións de descanso para as tropas, que foron a orixe de numerosas vilas. As vías principais eran catro e enlazaban as cidades fundadas por Augusto co resto dos dominios romanos. Estas tres cidades, Lucus Augusti (Lugo), Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), quedarían unificadas baixo unha única provincia: Gallaecia. Foi durante esta época cando a Gallaecia alcanzou as suas máximas fronteiras, chegando polo oriente ata as fontes do río Ebro. A romanización da cultura galaica produciuse tamén na lingua e a relixión. Aínda que na lingua o sustrato gaélico orixinal acabaría disolvéndose no latín, mantivéronse as raíces de topónimos e antropónimos. No caso da relixión, o fenómeno foi o contrario.
Fonte:
1. Internet

8.12.08

Ancares, foto da páxina de Jesús Marzoa

6.12.08

O encoro de Eiras

O encoro está situado no concello de Fornelos de Montes. O nome Eiras vén dun pobo que quedou baixo as augas do encoro.Os ríos que abastecen son o Río Oitaven e o Río Verdugo. Construído nos anos 7o, a súa capacidade e de 22 hm3. Actualmente abastece de auga potable a Vigo e maior parte da súa metrópole, Cangas, O Porriño, Redondela, Mos, Baiona entre outros.
Fontes:
  1. Internet:

4.12.08

O mito do Apóstolo

A principios do século IX, durante o reinado de Alfonso II, o Casto comeza a espallarse a noticia de que nos confíns de Maía un ermiño e mailo bispo Teodorimo descobren o sepulcro de Santiago o Maior.
A parte da certeza ou non de tal feito, xeralmente crese que foi unha invención interesada, esta descoberta permitiu a aparición dun novo centro de peregrinación para a cristiandade occidental e motivou o crecemento do núcleo urban máis importante da Galicia medieval.As razóns que explican esta inventio son tanto de carácter relixioso como político. No tocante ás razóns relixiosas, a vixencia da tese da “dispersión apostólica”, recollida no Beato de Liebana, como predicación en Hispania de Santiago o Maior. O obxectivo do Beato era reclamar unha orixe apostólica da igrexa cristiá do norte de Hispania fronte a igrexa toledana de carácter “adopcionista”. A inventio de Santiago tivo enormes consecuencias para a articulación do espazo galego. Fontes:
  1. Bibliografía
  • Villares, R; Historia de Galicia, ed.Galaxia, 2002

3.12.08

Galicia ocupa o extremo noreste da península Ibérica. Limitada ao norte e oeste co Océano Atlático,o sur con Portugal e ao este coas provincia de Zamora, León e Asturias.

Cunha extensión de 29435 km2, comprende as provincias de: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, estas están divididas en comarcas. A costa ten unha lonxitude de 1.500 km por mor das rias, isto fia posiblie este fenómeno , o pico mais alto esta Peña Trevinca ( 2124m) . A altitude media do ondulado territorio galego non supera a da peninsular causada pola situación elevada da meseta castelá.

  1. Blibliografia
  • wikipedia
  • galipedia

Evolución da Gallaecia

Unha vez finalizados os enfrontamentos bélicos, iniciouse unha fructífera romanización que prolongaríase durante os seguientes catro séculos, iniciándose oficialmente entre os anos 64 e 70 cando Vespasiano converte en pobo romano aos 451.000 gallaicos. Desta forma, os castros transformaríanse nas villaes e a poboación incorporaría as novas tecnoloxías, como a arquitectura, a agricultura baseada no arado, o Dereito romano ou a minería. Neste último aspecto cabe destacar o sistema de extracción de metais denominado ruina montium, que consistía en excavar túneles nos montes, polos que se introducía de golpe a auga de embalses preparados ao efecto, reventando o monte e rescatando augas abaixo os minerais valiosos (específicamente, o ouro).
Fonte:
1. Internet

O Castro de Chano

O Castro de Chano atópase situado o val de Fornela, dentro do parque natural de Ancares. Nel pódese atopar os restos dun antigo poboado pertencente á cultura castrexa do noroeste. Consta de 16 edificacións de forma circular construídas con pedras de lousa, con muros de até 4 metros, e unha anchura de 60 centímetros. Cada edificación estaba dividida en habitacións mediante pequenas elevacións ou espazos abertos. No centro de cada unha atopábase un vasar sobre o que se apoiaba o poste de sujeción da cuberta.
Fontes:

A Vexetación de Galicia

  • A vexetación en Galicia depende de tres factores fundamentais, o chan, o clima e a acción antrópica. O chan depende da natureza da roca, en Galicia e maioritario o granito. Nas rexións que aflora o granito teñen o chan pobre, sin embargo nas depresións o chan e bo para a agricultura, que poden ser chan areosos ou arcillosos.
  • O granito abunda nas rexións montañosas donde suele ser habitual nas ladeiras abancadas para o aproveitamento agrícola. Unha explotación de granito preto do noso entorno é As canterias de granito de O Porriño.
O clima é chuvioso e templado, que é bo para as especies típicas do bosque caducifolio.
A causa do transformación da vexetación e a acción antrópica.
As de árbores que predominan en Galicia son: o pino que é autóctono, o eucalipto, o robre que é especie dominante, o carballo, entre outras.
Sin embargo, máis da cuarta parte do espazo galego esta ocupado por matorrais, debido a degradación do bosque. Nela predominan o toxo, as silvas entre outros.

FONTES:

Internet:

  1. galiciaespallada
  2. club.telepolis

1.12.08

Monte Medulio

As esporádicas expedicións romanas non conseguían internarse máis en territorio galaico, sendo a única significativa a de Publio Licinio Craso. Xulio César foi designado Propraetor da Hispania Ulterior. No ano 61 a. C. retoma o avance cara o norte, penetrando na rexión lusitana situada entre os ríos Tajo e Douro, e de forma personal conduce unha incursión marítima que arrivaría a Brigantium. Non obstante, o interior do territorio galaico continúa unha resistencia que recrudécese na súa última etapa durante a campaña de César Augusto entre os anos 39 ao 24 a. C., da que sería o seu exponente máis significativo a batalla do Monte Medulio, na que os últimos guerreiros resistentes suicidáronse durante o sitio. Aínda hoxe a situación xeográfica do Monte Medulio é controvertida.Uns sitúano no concello de Lena ou no Picu Cervera, en Asturias.Outros cerca do Bierzo. Sen embargo Pulo Orosio sitúano cerca do Miño. Tamén o xesuíta Eutimio Martino sitúao na Serra de Peña Sagra, en Cantabria. Isto impediría a declaración da Pax Romana ata o ano 23 a. C., se ben a resistencia proseguiría nas áreas fronteirizas astures e cántabras ata o 19 a. C.
Fonte:
1. Internet

20.11.08

As castañas no Magosto

Dende o paleolítico o ser humano alimentábase de castañas, de feito, esta era a base da alimentación campesiña. Cá chegada dos prodúctos de América (Millo e Patacas) a castaña foi perdendo importancia. O magosto celebrase con motivo da recolleita dos froitos e como agradecemento a dita recolleita dende o 1de novembro ata o 11 de novembro. A tradición do magosto remontase ata a época celta. A importancia da castaña segue a prevalecer hoxe en día, sobre todo en Galicia, onde en moitas cidades, cando as castañas estan listas para comer, podense atopar moitos postos de castañeiras. Unha receita tradicional galega feita con castañas: TARTA DE CASTAÑAS Precisamos: - 500 gr. de castañas. - 400 gr de fariña de trigo. - 6 ovos. - 300 gr. de azucre. - Dúas culleres de levadura. - Raidura de limón. Elaboración: Batemos os ovos co azucre e a raiadura de límon. Engadimos a fariña ca levadura. Despois engadimos as castañas moídas e mesturamos todo ben ata que quede unha pasta consistente. Untamos un molde con margarina para que a masa non se nos pegue, botamos a mestura e a metemos no forno a 150º durante uns 30 minutos e xa está, lista para degustar.
Fontes:

Actualidade

Loading...